Servizo personalizado

O cualificado cuadro de profesionais que integra ASEYS ASESORES S.L., vén demostrando un elevado grao de eficacia nas seguintes áreas:

  • Asesoramento contábel, fiscal e mercantil a empresas e particulares

  • Asesoramento financeiro

  • Asesoramento laboral

  • Asesoramento xurídico

  • Xestión hipotecaria

En ASEYS ASESORES S.L., traballamos para facilitarlles aos nosos clientes o cumprimento de todas as súas obrigas en cada ámbito da súa actividade empresarial. Sabemos que ofrecer solucións axiles a todo tipo de actividades esixe unha estreita colaboración con cada cliente, polo que fomentamos en todo momento o trato individualizado. Por iso, disporá dun xestor persoal que velará permanentemente e de forma integral pola seguranza e fiabilidade das súas actividades empresariais, buscando e obtendo a fiscalizade máis vantaxosa.

Non obstante, detrás deste xestor persoal atopase un grupo de expertos, pertencentes aos distintos departamentos de ASEYS ASESORES S.L.

ASEYS ASESORES S.L., destaca pola calidade e transparencia no servicio. Para iso, e de acordo con cada cliente, proporcionámoslle información detallada da súa actividade empresarial coa periodicidade requirida.

 

 

"Pomos a disposición do
cliente un xestor persoal que
velará permanentemente e de
forma integral pola
seguranza e fiabilidade dás súas
actividades empresariais"